martes, 17 de diciembre de 2013

Nadal 2013. AGRICULTURA, GANDARÍA E PESCA. Plan de traballo




- Define os seguintes conceptos:

"Bocage", "Openfield", "policultivo", "monocultivo", "regadío", "secaño", "Agricultura intensiva", "Agricultura extensiva", "Agricultura itinerante", "invernadoiro", "Agricultura de especulación", "Gandería estabulada", "Gandería extensiva", "Acuicultura".

- Fai un esquema dos seguintes apartados:

"Agricultura de subsistencia"
"Agricultura de mercado"
 "A pesca no mundo"
 "Os problemas da pesca"

-Entra nesta páxina e consulta os datos dos centros oceanográficos de Vigo e  de A Coruña e indica os traballos que se están a facer en cada un deles.

- Observa o vídeo e resume brevemente a finalidade do proxecto Selfdott exposta no vídeo

- Exercicios de repaso

viernes, 15 de noviembre de 2013

AS PAISAXES DA TERRA



Nos vindeiros días teremos o control. Para que a preparación do mesmo vos sexa mais axeitada aqui vos deixo o enlace da proba que faredes na vosa casa e que mandaredes por correo a dirección da aula. Por certo hai unha novedade: para poder realizar o exercecio hai que coñecer un password que me teredes que pedir,

lunes, 14 de octubre de 2013

SEMÁN DE CONTROIS


O vindeiro luns 14 de Outubro haberá, coma xa sabedes unha proba sobre países e capitais de Europa que constará de duas partes: unha escrita e outra con ordenador.

O xoves 17 faredes un control sobre os conceptos básicos de Xeografía que levamos traballando nestes dias.

Vos poño o enlace do exercicio de proba que fixemos na aula para que o volvades a facer na casa

lunes, 22 de abril de 2013

DIA DA TERRA 2013


Hoxe celébrase o día da Terra no que lembraremos, unha vez maís os perigos que corre o noso planeta debido a acción do home.

Comezaremos explorando esta páxina na que traballaremos algúns conceptos do cambio climático.

Veremos a continuación o seguinte vídeo "Unha verdade incómoda" do que teremos que facer un resumo expricando cales son as ideas básicas que defende o presentador. Este resumo ten que estar presentado o luns 29 de Abril.

martes, 5 de febrero de 2013

TEMA 9: "A ENERXÍA E A INDUSTRIA"




PLAN DE TRABALLO


 - AS MATERIAS PRIMAS. Esquema do apartado

 - AS FONTES DE ENERXÍA TRADICIONAIS. Exercicios 3 e 4 e o sintetiza
. Fai un resumo do apartado "Centrais nucleares en Xapón"

- AS FONTES DE ENERXÍA ALTERNATIVAS. Fai os exercicios relativos ao "Orzamento en investigación en enerxias alternativas renovables en 2008"

- A INDUSTRIA. Copia no teu caderno o organigrama "Proceso da actividade industrial"

- CLASIFICACIÓN DAS INDUSTRIA. A EMPRESA INDUSTRIAL. Sintetiza 4 e 5

- O PROCESO E O TRABALLO INDUSTRIAIS. Cita os elementos do proceso industrial e fai unha pequena expricación de cada un deles. Elabora un pequeno cadro no que compares as condicións laborais durante a primeira industrialización coas condicións existentes na actualidade. ( Axúdate do apartado as condicións laborais e as fotos que tes na páxina da aula sobre o traballo dos nenos ).

 Baixa ao teu ordenador esta ficha e vaina facendo como repaso.