miércoles, 30 de septiembre de 2015

A XEOGRAFÍA E AS SÚAS FERRAMENTAS DE TRABALLO


Hai moitos lugares na rede, e que iremos atopando, que nos permiten repasar os conceptos que imos traballando na aula.
Un destes é a páxina do Instituto Xeográfico Nacional na que temos, entre outras moitas cousas, este Atlás Didáctico no que tendes que entrar.


miércoles, 27 de mayo de 2015

OS FENÓMENOS MIGRATORIOS

Cada día milleiros de persoas intentan buscar do xeito que poidan a fórmula para mellorar as súas condicións de vida intentando trasladarse ao primeiro mundo que lles "promete" unha vida mellor....

Na aula dímoslle unha ollada a este problema e agora quixera que vírades este documental sobre a historia, con nome a apelidos, de algunha de estas persoas...


jueves, 16 de abril de 2015

AS ACTIVIDADES SO SECTOR TERCIARIO. Plan de traballo


Continuando o traballado na aula, faremos o seguinte:

- Indicadores sociais dalgúns países en 2010 (páxina 183)
              - Fai os exercicios 3 e 4
              - Escribe como se calcula a taxa de fecundidade e a mortalidade infantil

- A actividade comercial.
               - Dende o exercicio 1 ao 8

- Os fluxos e os bloques comerciales
                 - Exercicios 1 ao 6.

- Imos agora a facer un exercicio práctico. Fíxate na seguinte imaxe


Entra nalgunha destas dúas páxinas

 www.amazon.es 

 www.elcorteingles.es 

e busca unha zapatilla deportiva que sexa do teu agrado.

Cando a atopedes mirade o prezo e calculade dacordo co seu custo e seguindo os tantos por cen que vedes canto corresponde a cada un deses apartados

lunes, 13 de abril de 2015

Calendario de probas



Xa está a vosa disposición neste enlace o calendario de probas do terceiro trimestre coas súas suficiencias.

martes, 10 de marzo de 2015

viernes, 27 de febrero de 2015

A AGRICULTURA, A GANDERÍA E A PESCA. Plan de traballo




- Define os seguintes conceptos:

"Bocage", "Openfield", "policultivo", "monocultivo", "regadío", "secaño", "Agricultura intensiva", "Agricultura extensiva", "Agricultura itinerante", "invernadoiro", "Agricultura de especulación", "Gandería estabulada", "Gandería extensiva", "Acuicultura".

- Fai un esquema dos seguintes apartados:

"Agricultura de subsistencia"
"Agricultura de mercado"
 "A pesca no mundo"
 "Os problemas da pesca"

-Entra nesta páxina e consulta os datos dos centros oceanográficos de Vigo e  de A Coruña e indica os traballos que se están a facer en cada un deles.

- Observa o vídeo e resume brevemente a finalidade do proxecto Selfdott exposta no vídeo

- Exercicios de repaso